60 anos de experiencia

En Galega de Carteis facemos todo tipo de traballo de rotulación e impresión dixital en gran formato. Carteis corporativos e oficiais, lonas publicitarias, rotulación de fachadas, sinalización interior e exterior de edificios (tamén en Braille), cartelería institucional da Xunta de Galicia. Encargamonos tanto da fabricación como da instalación.

Compromiso e servizo

Os nosos medios de produción permiten dar unha resposta rápida os requisitos específicos do cliente, asegurando un servizo urxente e eficaz.

Innovación constante

Traballar para un amplo rango de sectores, algúns cuns esixentes estándares de calidade, obríganos a estar na vangarda dos últimos adiantos técnicos. Para facelo dispoñemos dun equipo humano altamente cualificado, así como medios de desenvolvemento que nos permiten innovar constantemente, aplicando os novos procesos para adaptar os nosos produtos ás necesidades do mercado.